Lingua de signos

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

16 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

¿QUE PENSARÍAN se lles dixera que a Lingua de Signos que empregan as persoas xordas non está recoñecida como tal en España? Pois así é; nin en lingua española nin na galega. E qué han dicir cando saiban que, pola contra, si está recoñecida noutros países como Portugal, Suecia ou mesmo Uganda. Se me permiten, propóñolles o exercicio de colocarse no lugar dun xordo/a. Imaxinemos que de súpeto enfermamos e vémonos na obriga de ir a Urxencias. ¿Pensou en que moi probablemente ninguén coñecerá a lingua de signos? ¿Estráñalles que para casos así nos hospitais non haxa un só intérprete? Ás persoas xordas tamén. Pero, ¿seguimos supoñendo? Imaxinemos que, Deus non o queira, sufrimos un accidente (poñamos que de pouca consideración). Entón: ¿hai enfermeiros do 061, protección ou gardas civís, que dominen a linguaxe de signos? Sen ir máis lonxe, unha parella de xordos explicoume que sufriran un accidente de coche e atopáronse coa desagradable realidade: que non podían comunicarse. En resume, queda moito por facer. Só na provincia de Lugo hai máis de 1500 xordos que van ó médico, inscríbense no xulgado ou declaran a facenda como calquera.