Reflexión docente

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

04 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

HAI POUCOS días o decano da Facultade de Económicas de Santiago dicía que os alumnos responden ás clases cando teñen diante a un profesor que os ilusiona e que imparte unha docencia de calidade. Esta reflexión, que parece unha obviedade, non é habitual oíla por parte dun responsable académico. Unha ampla parte dos docentes universitarios, tradicionalmente, acometeron a súa profesión como algo intocable, ofrecendo unhas leccións maxistrais pesadas ou dedicando máis tempo ás súas investigacións ou traballos que ás propias clases. Esta dinámica provocou que aumentase o absentismo, que moitas das veces se culpou ao estudante máis amigo da cama que dos libros. Por iso as palabras do decano de Económicas hai que entendelas nun contexto de cambio. Se a entrada en Europa supuxo transformacións en moitos eidos, mírese o sector agrario, por que non na universidade.