DESDE EL ADARVE
23 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.OS VECIÑOS da Ulloa ven como de maneira irremediable terán que soportar un encoro no Ulla, á altura de Frádegas. Un máis dos previstos por Fenosa ao longo do río. É sintomático como en tempos próximos á campaña electoral, os responsables da Xunta que teñen que dar a autorización para que se constrúa están calados, amparados en que están avaliando as máis de mil alegacións presentadas polos veciños. Ise silencio ten uns cómplices, e chámanse alcaldes do PP. Non entro a valorar se é necesaria a construcción dun encoro. Ten razón Fraga cando di que non se debe parar ao progreso. Pero ao presidente da Xunta se lle escapa que neste caso o progreso significa múltiples encoros, como se houbera poucos en Galicia, ademais de ter os montes cheos de muíños de vento. Mentres, os galegos e agora os da Ulloa, non ven as vantaxes ambientais e económicas. ¿Alguén pode explicalas?