A nós non nos moverán

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

11 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

DENDE a oposición é doado pedir responsabilidades. Outra cousa é cando se ocupa o cargo e as circunstancias obrigan a deixalo. Pola contra, os que levan anos no mesmo, non o deixan nin sequera cunha sentencia desfavorable do TS de Xustiza de Galicia. E non sei por qué miro cara Begonte. «¡Pasa de todo, tío!», que lle espetou un señor de avanzada idade ó fundidor que mo contou a min. Logo souben que iso repíteno ata a saciedade Os Tonechos. O que ensina a televisión, eh. Por iso poida que nos EE UU estean que trilan cos que pretenden acabar xa dunha vez coa onda de censura e puritanismo acaecida baixo o paraugas do 11-S. Un argumento que souberon empregar moi ben os involucionistas de sempre; os que non teñen reparo en fabricar bombas antipersoas, pero prohiben que se vexa un peito feminino. Son os mesmos que agora pretenden sacar licencias ós medios de comunicación que emitan imaxes ou palabras «obscenas». A cousa vai en serio, ó cantante Bono por dicir unha palabra mal soante queríanlle abrir dilixencias. E como todo se contaxia¿, o dos Goya foi unha anécdota. E o do alcalde de Toques insultando e botando ós xornalistas, tamén.