TRIBUNA | O |
09 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.O PROFESOR don Xesús Alonso Montero por quen sinto non tan certa como sincera devoción, en plena facultade, no último curso de Filoloxía pois adicábase a nos dar clases onde predominaban as cántigas populares, non as Medioevais. Ise labor estábao a facer en prensa don José Trapero Pardo desde había unha eternidade. Alonso Montero de quen admiro profundamente os seus coñecementos da ciencia literaria dá senón espléndidas conferencias si dunha notábel altura (ver o relato de Juan Benet sobre a arte do ensino). Ise labor de cancioneiro popular misturado ao rock de Reixa pois resulta un schock cultural, nefasto. O profesor Alonso Montero tenlle un extraordinario amor á cántiga popular, mesmo nos seus Versos republicanos que recitou de viva voz en Lugo. Outravolta coido que o xubilado profesor ten algo máis que dicir en poesía e na ciencia literaria en xeral. Pescudadores de cancioneiros populares hainos a mans cheas e mesmo chegan ate o folk de Milladoiro que non é precisamente un grupo ruín pero recalcitrante, pelmiña il. ¿Onde Amancio Prada, Benedicto, Bibiano, Luis Emilio Batallán, desprazados por torpes auladores? Pra concluír pois, dicir que se fai preciso levantar os chorros da Deputación sob pena de criarmos lamáchagas e vermes alí no estanque. E chimpar dous horrendos cedros que serían o tal pra enlouquecer máis a doída psique dun Vincent Van Gogh. En efecto, os meniños de aldea coma min posis temos moito roibén nas fazulas pola cagarruta campestre, cousa que non ten a microburguesía galega pronacionalista. Agora, vou comer con Alfrendo Conde unhas angulas. ¡Dispensen! Polo demáis dicir que «crece la beatitud, disminuye la espiritualidad en general».