«Hoxe Nova York é á arte o que foi París hai un século»

Benigno Lázare LUGO

LUGO

MARÍA VILLAR

Entrevista | Alexandro Este artista ourensán amosou a súa obra por toda España e en varios países, sen embargo, en Lugo faino dende onte por primeira vez

29 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Ata o 27 de febreiro permanecerá aberta na sala Esmelgar a exposición de Alexandro, que foi inaugurada onte pola tarde nun acto presentado por outro colega e amigo, o lucense Paco Pestana. Hai uns anos algúns cadros seus formaron parte dunha mostra colectiva, pero nunca ata o de agora o fixera en solitario. -¿Que obras presenta? -Traigo corenta cadros; debuxos, telas... En canto a temática, pódese considerar nova figuración. É o último que pintei no meu estudio de Ourense e en Muxía, lugar no que tamén paso unha parte do ano. Nas miñas obras aparecen o mar, o ser humano, o país, e incluso o Prestige , sin consideralo como oportunismo ou posición política, porque forma parte do meu entorno e interésame todo o que me rodea. -¿Como ve o panorama artístico en Galicia? -Moi mal, debido á cultura oficialista, que é mediocre. Sempre se axuda ós mesmos, independentemente da súa calidade, e mantense un amiguismo terrible. Verás o que vai pasar co Xacobeo, que a Lugo e a Ourense pouco lles vai tocar. -Hai trinta anos que vostede estuvo en París cunha beca. ¿Segue a ser a capital mundial do arte? -Xa non. Hoxe Nova York é á arte o que foi París hai un século. Tamén Berlín vai moi por encima; incluso cando había o muro na parte occidental era donde xurdían as vangardas. -Se en Galicia é dificil entrar no circuito oficial, ¿como teñen que facer os artistas para expoñer, e sobre todo para comezar? -Hai moitas galerías privadas que son as que lle dan vida ó panorama artístico, e para iniciarse no arte o máis recomendable é visitar moitos museos e exposicións, e viaxar moito. Esto témolo que facer todos. Moitas veces tamén hai que facer concesións, con debuxos máis amabeis porque hai que vivir, e non creo que eso sea prostituirse. Eu, como moitos, ó primeiro paseinas moi duras.