TRIBUNA | O |
26 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.OITENTA e dous mortos. Esa é a cinza que quedou tralo lume que destruíu Alcalá 20. A bo seguro acordarán aínda as imaxes da discoteca aquela. Vinte anos despois sucesos coma a ese seguen inda a producirse. ¿Por que? Entre outras, porque fallan os servicios de inspección. A propósito, ¿que ou a quen se inspecciona en España? Porque, preguntáronse a cantidade de locais que se abren sen reunir tódalas medidas de seguridade. Sitios nos que a determinadas horas non cabe ninguén e se un se pon a pensar éntralle un frío polo corpo que¿ Mellor non dicilo. Ó empresario, sobre todo ó que comeza, hai que axudalo; pero nunca por ese camiño. A seguridade non pode quedar en lugar secundario. Non vale iso de que como nunca pasa nada¿ Pero, ¿e se un día ocorre? De quén será a culpa. ¿Do cliente? ¿Das administracións por non telos obrigado a rectificar ou senón pechar? ¿Ou do empresario? Por dar o dato, no caso Alcalá 20 os empresarios só foron condenados a dous anos de cárcere. E faleceran, ¿cantos? Os que finaron alí non puideron usar as saídas de emerxencia porque estaban ocultas e incluso pechadas. Noutros sitios nin sequera as teñen. ¡Olliño!