Propostas e oposicións

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

22 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A PROPOSTA que lle fixo Francisco Cacharro a López Orozco para que traballe por un centro da romanización «ambicioso», fóra do ámbito do pique político, aborda un modelo de cómo se poden facer as cousas para o beneficio dunha cidade. Cacharro di que Lugo só está empregando o concepto de rehabilitación de vellos edificios para un novo uso, pero que descoida as obras de edificios que deixen a pegada do século XXI. Se nos paramos a pensar qué obra civil hai nova na cidade nas últimas décadas vemos que están as do campus e as deportivas, amén do edificio da Xunta. O centro da romanización ten que ser o referente do noroeste da Península e para iso hai que emular ós nosos veciños. En A Coruña hai un concurso de ideas para a Casa do Home, no Castro de Elviña. ¿Por que aquí non? ¿Por que temos que renunciar a que se faga dentro de murallas?