TRIBUNA | O |
15 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.O NÚMERO de parados subiu por segundo mes consecutivo. A precariedade laboral non é un invento dos sindicatos. ¡Que máis quixeramos todos! O desemprego non só afecta ós que superan os cincuenta ou non alcanzan aínda os vinte. Eso si, todos se afanan en redactar un currículo. Por certo, a qué sería interesante ver qué camiño levan. «Si, si, déixeo aquí que xa a chamaremos». E logo nunca chama ninguén. ¡Ai se falaran as papeleiras! Anque miren, por contradicirme a min mesmo, precisamente onte souben dun rapaz que atopou traballo a semana pasada. Claro que despois de levar un ano e sete meses e pico de acó para aló. De momento está encantado, se ben xa sabe que vai ter que traballar nove horas diarias e sábados pola mañá. ¿Alguén dicía algo das 35 horas semanais? Pois si. Ó tal mozo só lle falta agora que a súa noiva corra igual sorte. A rapaza deixou o emprego fixo que tiña en Madrid por estar con el. Iso é amor, eh. O que pasa é que agora non dá atopado nada. Pero xa ten unha idea desas estratéxicas. Di que si fai falta está disposta a construír o Metro na cidade de Lugo. Preguntaranse para qué. Para poñerse a pedir na boca de acceso.