Contratópicos

MANUEL NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

29 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

TRES tristes tópicos. Tres trópicos. Sobre Galiza caiu a lousa de ser un país ruralizante, non rural, e é falso. Desde o século XVIII iste país foi boa e sanamente vilego o que comprota un pequeno comercio, un comercio xusto. Nomeadamente nos núcleos Betanzos dos Cabaleiros-A Coruña. Santiago-Padrón-Iria Flavia. Tui-Vigo. Mondoñedo. Ou sexa, ou como requería nun artigo o seguidor de Lence Santar e cronista oficial de Mondoñedo de quen agora non lembro o nome, referíndose ao Antigo Reino de Galiza. Sobre Galiza caeu o tópico ou pexa de sere terra morriñenta, amolecedora e non precisamente de balneario ademáis de poetas, de vates. Mentira burda. Existen liñas de poesía que proveñen da lírica rosaliá, da rexa estética pondaliá e da lírica cívico-social de Curros Enríquez. Así a liña avangardista manoenlantoniana cóbrea maxistramente gonzalo López Abente e máis Victoriano Taibo. Érrase burdamente na liña cívico-social de Curros Enríquez nomeadamente nos seguidores pseudocívicos de Celso Emilio Ferreiro. Outra liña lírica rosaliá está impregnada de saudosismo que vén ser a do tamén avangardista Johán Vicente Viqueira, E o terceiro tópico deixarémolo, por espacio, para outra.