DESDE EL ADARVE
28 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.ACABO de recibir unha carta cun selo de 0,26 euros que leva a lenda de Homenaxe á Escola Rural escrita en xiz sobre o encerado verde, e escoltada por punteiro e borrador. A cousa está clara, cando hai homenaxe, aínda que sexa do servicio de Correos, é que está mal ou desapareceu. A escola rural vaiche boa e o servicio postal leva un camiño que xa veremos. Co selo este de marras non estiveron moi atinados. O rapaz do pupitre aparece vestido de presidiario. Poida que pronto empecen a facer homenaxes á centralización escolar (comedores e transporte escolar incluídos) e á nova contrarreforma que deixou o ensino medio nas cidades e cabeceiras de comarcas. Así, por fin, non lles estrañe, ensalzarán a privatización. En canto ás escolas rurais, deberemos acordarnos dos indianos, que tanto favoreceron as súas aldeas, da República e algúns alcaldes posteriores como Jesús Rodríguez Alonso.