DESDE EL ADARVE
22 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.XA ESTAMOS en pleno outono e a actividade cultural de Lugo volverá a pasar polos mesmos parámetros dos últimos anos, onde a previsión faise con pouca marxe de tempo, onde os colectivos como Escobijazz ou Fonmiñá promoven os seus festivais con non poucos apuros, e onde o programa Lugo Cultural desenvolvese con falta de cartos e de expectativas reais. E dentro deste contexto, a cidade vive un novo ano -porque os comezos de ano son logo das vacacións de verán- sen o ansiado auditorio no centro histórico. O salón de actos de Caixa Galicia, o Círculo das Artes e a Galería Sargadelos, tres entidades privadas, son os únicos espacios onde se pode desenvolver unha mínima actividade cultural. A sensación de dispersión nas actividades culturais, de falta de medios e de ambición, e certa comodidade está instaurada na programación cultural que vive a cidade. Algo debe mudar.