DESDE EL ADARVE
08 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O ACORDO plenario de instar á empresa concesionaria dos aparcamentos para que modifique as tarifas e teña en conta a demanda cidadá de conseguir que se oferte a media hora, parece unha decisión acertada. Son moitas as persoas que a diario se achegan ó centro a facer unha xestión administrativa ou comercial de a penas quince minutos, e pola que agora se lle estaba a cobrar unha taxa dunha hora. A entrada en funcionamento dun novo aparcadoiro xunto á rúa do Teatro abriu o monopolio da ata entón única empresa que tiña aparcadoiros. Desde o anterior goberno municipal tentouse ampliar o número de prazas e mellorar as tarifas, pero as concesións que se pactaron no seu día fan que a empresa teña unha posición de forza. Esperemos que agora, coa petición política e social, teñan en conta a proposta. Do contrario habería que buscar alternativas.