TRIBUNA | O |
27 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.TEÑO A teima, adoce obsesión de que Tino Grandío pudo ser un dos máis grandes pintores que deu Lugo. Pudo ser, non o foi. O cadro Crego con fregueses cun colorido francamente interesante eu tíñao visto ás avesas: un labrego ou camponés levaba nun muñón como aplique unha fouce para a sega do cereal. A ruptura máxima. A boa, indubidablemente boa pintora Xulia Minguillón executa unha pintura «aburguesada» ou mellor gremial como costureiriña delicada en época de convulsión espectacular, a durísima postguerra. Ten un cadro de 1923 chamado Retrato de cascarilla que se pode trasladar, transplantar á avanzada postguerra na que eu me criei. Son os retratos de Fole e do seu Cartafolio de Lugo , o Lugo de homes desastrosos, non precisamente aburguesados. Pintora moi coidadosa e sutil. Fole tiña devoción pola pintura pero coñecíaa deficientemente. o seu admirado Lloréns fai un pastiche paisaxístico, ruín coma a fame. Manuel Torres non presenta ruptura. E Maside que non é mal pintor pois fai unha pintura almibarada, manierista. Cores moi fortes para unha paisaxe galega. Xa digo, Grandío pudo ter a grandeza dun Tápies. Pero non o foi.