Os eternos debates do verán

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

04 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A CIDADE queda valeira de xente no mes de agosto, e por iso, os poucos que deciden non irse ou non teñen máis remedio que estar polos seus traballos, teñen que pagar o castigo da ausencia de actos de tipo cultural, de ocio, ou deportivos. Unha especie de buscarse a vida á espera de que retornen todos á gran capital e nos preparemos para o «atracón» que como tódolos años vén sendo o San Froilán. Os lucenses soportan as noites sentados nunha terraza de calquera cafetería ou pub da cidade, sabendo que a poucos metros podería haber un espectáculo musical, unha obra de teatro na rúa, ou a exhibición dunha película nunha praza. Pero non. Non haberá nada de iso, co cal sempre quedarán as cañas de cervexa, as tapas dos nosos hostaleiros e as conversas. Dificilmente poden vir turistas con este plan de verán.