DESDE EL ADARVE
28 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A DEPUTACIÓN e os concellos de Muras, Palas e Mondoñedo acaban de firmar un convenio para protexe-las turbeiras de cobertor e as uces das serras do Xistral e do Careón. E pensarán vostedes a qué ven esa ansia protectora, logo do mar de aeroxeneradores instalados xa entre Abadín e As Pontes. Alí onde xunguiron un tras doutro para acabar sendo un macroparque. Pois algo debe haber. Alguén debe querer salvar algo da reserva da biosfera, algún fondo con posibles se poderá manexar aí. Eu acordo que cando, hai poucos anos, os ecoloxistas criticaban a destrucción das turbeiras de cobertor nesas zonas, debido ás pistas e as zanxas para servir tanto parque, unha deputada de Lugo defendía en Madrid que non había perigo, que as turbeiras estaban ben protexidas pola delimitación da Rede Natura 2000. Agora que puxeron canto parque quixeron, ¿xa non están protexidas? Tarde piaron.