DESDE O ADARVE
23 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.POLO menos unha ducia de turistas atoparon o domingo pola mañá pechadas as portas do Museo Provincial, unha das institucións máis prestixiosas da cidade e, nembargantes, moi descoñecida para moitos lugueses. O recinto está cerrado ó publico os domingos durante os meses de xullo e agosto, xustamente cando máis visitantes recibe a cidade. Posiblemente a Deputación, titular do museo, teña que buscar unha fórmula para que isto non suceda xa que logo, ó meu parecer, a imaxe que se ofrece non é moi axeitada, máxime cando a promoción turística parece un dos obxectivos fundamentais. A saber, ningunha outra cidade turística ten os seus principais museos pechados nestas datas os domingos. É máis, nalgúns incluso a entrada é de balde pola mañá. No de Lugo, como saben, temos o grande privilexio de poder entrar gratis.