A limpeza dunha cidade

MANUEL NEIRA LÓPEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

26 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

UNHA cidade como debe ser ten que ter bos limpadores. Primeiramente deberiamos terlle un grande aprezo aos países orientais: á India, onde a limpeza vive ensumida na maior das pobrezas. Un pobre, pobre pode ser une exemplo de limpeza urbanística se sabemos coller ou tomar o asunto como Deus manda. Por exemplo as cascas ou mondas das laranxas, dos limóns, etc., deben deixarse pudrir na rúa porque dan moi bo cheiro ou arrecendo. No outono deixaremos que a folla aprodreza nos parques, xardíns e rúas xa que é toda unha galanía ver cómo a follasca se transmuta alquimicamente en folla podre. Nun estado alto de descomposición será o momento de proceder ao seu recollemento. Eis que hai moitos factores que interveñen na limpeza urbanística dunha cidade. Para iso hai que ter un sistema público de ordenación: colectores, recolledores e demáis. Os plásticos sempre son un problema: trátase do primeiro elemento a recoller. Estorba e é o máis suxo que existe a pesares da súa presunta asepsia. Na India as cascas de vexetais déixanse morrer na rúa. Dan moi bo recendo ou cheiro. A follasca nos parques e xardíns resulta toda unha galanía de cor e de alquímica descomposición. Os excreemntos dos cans debémolos eliminar das rúas porque son completamente antiestéticos e dañinos pola infección que supoñen. Serían doado abono prás terras recollidos nun recolledor á parte. Temos de ter un sistema ordenado e claro do reciclaxe do lixo: madeiras, plásticos. comidas que se deben eliminar, etc. Sabemos que antes ao lixo se lle chamaba lavadura, e empregábase prá manutención dos porcos: todos os elementos sólidos ou líquidos: mesmo o viño ruinceiro.