DESDE EL ADARVE
24 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O DA SANIDADE neste verán en Galicia é algo que ule mal. Unha boa parte das citas que se pide en diferentes centros do Sergas son desviadas para despois do mes de setembro. Incluso, moitos usuarios da sanidade pública recibiron cartas nos seus domicilios advertíndolles que as consultas que tiñan para meses coma xullo ou agosto trasladáronse para outras datas máis oportunas, posiblemente para o Sergas, pero non para os cidadáns. Os casos chegan incluso a atención primaria, onde unha persoa pode tardar dez días en ser atendido polo seu médico de cabeceira. Non pasa na capital, pero si en concellos da provincia. A situación do Hospital Xeral é grave, porque inutilizar camas (91 por mes) non parece o mellor para solucionar as listas de espera. Unha das escusas que poñen dende o Sergas é que hai moitos pacientes que prefiren ser operados noutras datas. Patético.