DESDE EL ADARVE
16 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.TOPEI con un de Castroverde e comentamos a última das eleccións. O meu interlocutor sostén que os veciños votan nas municipais ó candidato que coñecen, segundo como actúe, por riba do partido no que se presente. Se hai dúbidas, sempre está o inconsciente colectivo, a historia das ideas, unha certa intrahistoria familiar que orienta o voto. Por todo iso, segundo teoriza, Castroverde volve ser de esquerdas, como cando gobernou o primeiro alcalde desta democracia, de familia respresaliada no 1936. Coincide que estes días estou a ler o apaixoante libro de Sarille, que conta as cómplices salvaxadas que cometeron en Castroverde algúns veciños, algún cura, algúns garda civís. É unha historia terrible, que só sinala e avergoña a quen cometeu tales atrocidades. Podería escribirse tamén a de Ribas de Sil, Viveiro, Ribadeo, Sarria, Cervantes, Pedrafita...pero tamén en Paradela e moitos outros concellos.