TRIBUNA | O |
24 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ACABA DE aprobarse a mal chamada orde de Protección a las Víctimas de la Violencia Doméstica. Desconfiaríamos menos se se chamase Lei contra a violencia de xénero. Con ser benvida, dependerá do xeito en que comece a poñerse en práctica, e para iso fan falta medios económicos, xurídicos e de acción social. Todo dependerá de ónde, cómo e con quén facer a denuncia, de cómo e cándo comece o alonxamento do agresor, de a ónde e con quén poder ir despois de ser mallada. Dependerá da formación do persoal das administracións que traballe con nós nestes casos, da formación non sexista, non discriminatoria, non subordinatoria dos nenos e nena, e da poboación en xeral. O importante son os feitos: Mentres Miriam Tey (directora do Instituto de la Mujer) publica na súa editorial un libro acusado de apoloxía da violación e da pederastia ( Todas putas ), unha orde non é nada. Hoxe foi a candidata á alcaldía de La Puebla de Hijar, Patricia Maurel Conte, ¿quen será mañá?... Que cada quen faga o posible, na súa conducta de cada día, para que non haxa ningunha máis. ¡NUNCA MÁIS! redac.lugo@lavoz.es