Tomás Rodríguez, empresario de Xermade, preséntase por primeira vez a uns comicios electorais. Faino baixo as siglas do PP e sustituíndo cunha lista renovada a Manuel González, un dos rexedores lucenses con máis anos ó fronte da alcaldía. -Somos unha lista de membros con moitas gañas de traballar e temos un proxecto definido que lle estamos presentando ós veciños. Hai moitas cousas que temos que cambiar, e as nosas ideas e as do PP son as de traballar por este municipio. -¿Como ve a súa primeira incursión na política? -Teño asumido que si nós non sacamos a maioría absoluta, o PSOE e o BNG se van unir para poder gobernar. Pero temos moitos proxectos, como ampliar o polígono industrial, colaborar coas asociacións de todo tipo do concello e manter contactos coa Xunta para reparar as pistas e levar o saneamento a Candamil e a San Martiño.