Pintadas na rúa

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

16 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

TIVEN claro que estabamos entrando noutro ciclo político o día no que vin pola rúa tantas pintadas contra do PP como no seu día vira contra do PSOE. En Lugo, igual que nas demais cidades, é habitual o das pintadas. Sobre todo en algunhas fachadas, xa que contrario ó que se puidera pensar, polo visto hai unhas máis proclives ca outras. Sen ir máis lonxe, a do local comercial que hai baixando San Pedro e fai esquina con Noreas. Os necios que pintan ese tipo de sandeces nada teñen que ver coa movida da zona. Coincidiume baixar por alí cando a remataban, penso que a mesma que aínda hoxe resiste. Souben que ía dirixida contra os do pepé porque as siglas destacaban. Foi tal o proído producido que instintivamente mirámolos con desprezo, ó que fomos respondidos con xeito ameazador. Continuamos. Ó pouco seríamos adiantados polos energúmenos que algo nos dixeron, e que non entendemos.¡Nin falta que fixo!