Para Manuel Saavedra este será o segundo mandato ó que se presenta como candidato polo BNG en Palas. -Botamos en falla unha política municipal democrática, unha política que conte coa oposición. - ¿Cales cre que son son as perspectivas de futuro do concello? -O goberno local deixou escapar unha feira moi importante. Nós levamos intentando que se cree un paseo fluvial na Ponte Roxán, pero non atenden a esta petición. En Palas faltan vivendas sociais, un polígono industrial e un plan de urbanismo, entre outros servicios que necesitamos para potenciar a imaxe da vila. -Se chega á alcaldía, ¿intentaría mellorar as relacións comarcais? -Creo que é moi necesario, porque agora mesmo xa hai problemas para facer a feira do queixo. Son necesarios servicios comarcais.