Máis mortos nas estradas

| XOSÉ CARREIRA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

25 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A TRAXEDIA nas estradas da provincia suma e sigue. Onte unha coñecida familia da capital lucense quedou tronzada pola metade porque dous dos seus membros deixaban a vida en Vilalba nunha saída con deficiencias de sinalización. Os veciños xa se viñan queixando repetidamente da situación e mesmo as forzas políticas tiñan pedido a Fomento que fixese algo para evitar unha traxedia. Evidentemente, xa quedou demostrado, e dabondo, cando o Prestige se foi ó fondo do océano coa súa carga noxenta, as institucións fixeron oídos xordos. Seguirán producíndose mortos e as cousas non trocarán porque os que gobernan demostran que non lles importan as vidas alleas. Logo entregan milleiros de euros a axencias de publicidade, a saber de quen son, para campañas de prevención de accidentes. Ás veces o que contan son os feitos, non a propaganda.