DESDE EL ADARVE
21 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.CÚMPRESE logo unha década desde que o astrónomo lugués Francisco García Díaz descubrira a supernova 1993J, un fenómeno extraordinario segundo os entendidos, ocorrido pola aniquilación de dous tercios da masa da súa proxenitora, unha estrela localizada na galaxia espiral M81. Investigadores da NASA, con grandes e tráxicos medios, seguen a rebuscar no ceo mundos e seres distintos. Os pequenos afeccionados, armados de telescopios, loitan co alumeado municipal para mirar o máis aló. Fálase de «restos de vida extraterrestre» pero mellor sería que polo telescopio espacial Hubble aparecese vida extraterrestre. Se estades aí, aínda que lonxe, reveládevos. A miseria humana e as guerras son peor ca vosa astronómica aniquilación. Seres do planeta arredor de HD 209458, en Pegaso, presentádevos axiña. O prazo das candidaturas ás eleccións municipais na Terra remata xa. Aparecede. S.O.S.