Un remate cultural inmellorable

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

12 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NON SEI se foi a chegada ó cargo ou a inesperiencia, pero a Concellería de Cultura, ó meu parecer, decepcionou moito nos primeiros anos de mandato. Improvisación, algunhas ataduras con colectivos musicais, falta de ambición, e descoñecemento, foron algunhas das características dos primeros anos. Os últimos acontecementos demostraron todo o contrario, e onde faltaba unha programación seria e estable, dende a concellería comezaron a organizar actuacións, ciclos e festivais de calidade. A creación de mostras de teatro clásico son unha boa base. O apoio incondicional a un proxecto como o da Semana da Maxia veu a demostrar que a aposta da concellería foi un éxito. E agora, como guinda dun mandato e da fin do seu edil responsable, presentan un programa da Semana do Corpus inmellorable, cando xa o pasado ano fora excelente. Din que errar é de sabios, e mellorar todavía máis.