Fernando Savater, un referente ético

TRIBUNA | O |


NOS ESTUDIOS sobre ética tivémo-la sorte de contar con grandes autoridades. Ademais de ser excelentes profesores, animaron co seu exemplo vital a tarefa do crecemento dos valores morais na sociedade; dentro dese grupo sobranceiro de personalidades éticas atopamos a Fernando Savater. Para ser un referente no eido dunha disciplina académica non é condición suficiente contra cunha obra científica «acreditada», senón que se precisa ademais contar cunha actividade social recoñecida. Ámablas condicións concorren en Savater. Ten unha bibliografía abondosa na materia da ética, podemos dicir que algunhas desas publicacións son libros de obrigada lectura para quen se introduce no estudio da ética, ou reflexiona sobre os problemas que a cotía se nos presentan. Naturalmente que estamos a falar de Ética para Amador . Con este libro entronca coa tradición multisecular, que ven de Aristóteles e da súa Ética a Nicómano, de dedicarlle unha obra á formación moral dos fillos. Na obra social de Fernando Savater non é preciso insistir, basta con ler os xornais cada día. Hoxe contaremos cun novo referente no quefacer ético actual.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Fernando Savater, un referente ético