Darío Xohán Cabana transformou a súa homenaxe nun rexeitamento da guerra

José Miguel López LUGO

LUGO

CHECHU RÍO

O Día das Letras Chairegas distinguiu onte en Vilalba ó escritor fiel ó idioma de berce Emocionouse ó falar dos seus pais, a súa familia e a dona, «a quen lle debochegar ata aquí»

21 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O nome de Darío Xohán Cabana quedará grabado para a historia do 21 de marzo do 2003. O colexio vilalbés Insua Bermúdez homenaxeou onte ó escritor de Roás (Cospeito) na cuarta edición do Día das Letras Chairegas. Nembargantes, os acontecementos das últimas xornadas fixeron que este galego comprometido compartise este intre co rexeitamento do ataque á poboación de Irak, e «parar a besta negra do imperialismo americano», que xa transmitira nas visitas ós centros educativos da Chaira. Cabana fixo un repaso polas «agresións do goberno dos EE.?UU.». Engadiu que o afundimento do Maine foi recoñecido polos propios norteamericanos que torpedearon o acorazado coa morte de compatriotas»-, constatou que os norteamericanos querían ter un pretexto para declararnos a guerra, «que foi vergoñentamente derrotada por EE.?UU., e agora o Goberno español fainos lacaios deles e servímolos nesa agresión salvaxe, abusiva e criminal. Non á guerra», matizou Cabana.As verbas do escritor conseguiron os aplausos e o pataleo dun público entregado, no que non figuraron autoridades municipais. Quen si estiveron a carón de Darío Xohán Cabana foron os seus colegas Manuel María -o seu amigo, co que se fundiu nun abrazo ó chegar ó auditorio de Vilalba-, Antón Santamarina, Xulio López Valcárcel, Xosé Manuel Carballo, Manuel Roca, Xulio Xiz, Paco Martín, Mini e Mero , e os seus fillos, Alexandra e Martiño. Recopilación de poemas Alfonso Blanco fixo na homenaxe da mañá unha sinopse da vida e obra de Cabana, que se recolle na revista monografía editada por Xermolos. Tamén interviu na presentación que o Instituto de Estudios Chairegos (Iescha) fixo onte polo serán do libro Vinte cadernos, que recopila a obra poética de Darío Xohán Cabana, con referencias ó compromiso de Manuel María. Este acto contou coa participación do seu amigo Xosé Luis Méndez Ferrín, quen definiu a Cabana como «constructor do idioma», Moncha Fuentes, que falou da poesía, Manuel Bragado, referíndose a recolleita dos poemas ó cumprir Darío Xohán os 50 anos, e Chema Felpeto, quen tamén rexeitou a guerra. As verbas pronunciadas por Cabana que máis o emocionaron foron as que dirixiu á súa dona, Amelia Outeiro, a quen agradeceu todo o que é, «por ela respiro, teño folgos para chegar aquí». No que a literatura se refire, o homenaxeado destacou o seu descubrimento do «edificio da literatura galega que construiron Rosalía, Curros e Pondal». Entre os agasallos para Cabana houbo un retrato que lle fixo Carmen Cabaneiro e a edición fácsimil do Faro Villalbés , editada polo Iescha.