«A lei da sanidade é nociva e con consecuencias serias»

LUGO

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública está a levar unha campaña para explicar a trascendencia da Lei de Ordenación Sanitaria

13 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

?ixinio Beiras participou onte nunha mesa redonda sobre o contido do anteproxecto de lei, na que expuxo a súa opinión sobor da trascendencia desta normativa. Non está precisamente conforme co seu contido. -¿Cal é o seu punto de partida sobor da lei? -Analizámola dende un contexto xeral e partindo de que as políticas de globalización permiten convertir un servicio público nun mercado. -¿É má a privatización da sanidade? -Nós partimos de que nin a sanidade nin o ensino deben de ser entregados a mans privadas porque non permite garantir a igualdade no acceso nin a calidade. O contido do anteproxecto é como se fora unha lei de protección da fauna salvaxe feita por unha agrupación de cazadores. -¿Cal é o principal inconvinte que lle ve? -Somete a sanidade pública ós condicionantes privados e coloca en termos de igualdade ós hospitais públicos cos privados. No que atinxe ó persoal permite traslados e desprazamentos entre todo tipo de centros, o que nos parece nocivo e con consecuencias serias sobre o sistema público. -Dalgunha maneira iso xa pasaba cos concertos. -É unha extensión dos concertos ó límite. Esto xa os convirte en norma e no caso de Galicia e perigosísimo, tendo en conta as infradotacións. -¿A lei, tal como figura no anteproxecto mellorará as listas de espera? -O sistema privado en Galicia xa ten toda a actividade concertada. Simplemente lle dá máis financiación que lle permite asumir máis competencias. A privatización simplemente aumenta o gasto.