TRIBUNA
29 oct 2002 . Actualizado a las 06:00 h.EN NOVEMBRO do 2002 estalou en Xerusalén o movemento de rebelión coñecido como Segunda Intifada. Dous anos máis tarde a espiral de violencia continúa imparable e se agudiza de forma progresiva. A invasión de Cisxordania, o arrasamento de Ienín, a intensificación dos controis e asedio á poboación civil palestina, o arresto domiciliario de Arafatnon serviron para acabar cos atentados terroristas dalgúns grupos extremistas palestinos. A política do goberno israelí é equivocada. Unha maior represión só sirve para crear máis odio, non para trae-la paz. A paz debe fundamentarse na xustiza e na legalidade internacional, expresada en varias resolucións de Nacións Unidas. E éstas esixen a retirada compelta do exército israelí dos territorios ocupados e o desmantelamento dos asentamentos colonos. Dende Galicia reclamamos unha solución política xusta para o conflicto israelí-palestino que non se limite ó abuso da forza por parte de Israel. Solicitamos a solidariedade da cidadanía para poder seguir atendendo ás necesidades máis básicas da poboación palestina, entre elas a atención sanitaria e de primeira necesidade, da poboación civil.