Lugo non é Mérida

LUGO

¿Cando será o día en que moitos deixen de mirar o seu embigo e prefiran descubrir as virtudes e esforzos do ser que teñen enfronte? Moito queda por aprender aínda e pouco faremos se seguimos mirando o noso embigo día tras día, sin sequera intentar levantar a mirada para ver cómo respira o do lado. Calquera afeccionado á arqueoloxía e, aínda máis os historiadores coñecedores dos imperios romanos, saben da riqueza que garda esta cidade, que unha vez que conqueriu o nomeamento da Unesco parece darse por contenta. Os menos críticos poden pensar que as excavacións van a bo ritmo e son suficientes para esta urbe, pero non deben olvidar que o pasado histórico desta capital non é o mesmo co doutras que si se esmeran por conservalo. A estas alturas o museo da romanización do Noroeste debería estar funcionando en Lugo. A construcción obriga a axilizar os trámites e a pedir paso nas consellerías e nos ministerios. Lugo non debería perder máis tempo e deixar que o seu patrimonio siga na escuridade para os devanceiros desta civilización. É como en Mérida, pero no caso de Lugo, o mellor diamente sin pulir.