O TRÁFICO aéreo nunca foi importante na provincia, salvo en honrosas competicións deportivas como a Volta Aérea a Galicia ou a presentación das aeronaves que loitan contra os incendios forestais. Rozas nunca foi aeroporto nen parece que Burela teña tanto nivel como porto pesqueiro para merecer mellores vías de comunicación. Nen Burela, nen o centro da provincia. A Administración galega acaba de anunciar un corredor entre Nadela e Sarria, cando hai tempo que nada sabemos da Transcantábrica. E mentres pasan os anos e as eleccións, a carretera N-634 seguirá soportando o tráfico diario dos fresqueiros que compran peixe na Mariña para vendelo nos máis prestixios mercados galegos; o do transporte que carreta as aspas dos muiños de vento e parte dos productos da firma murense Ferroplast. A esta afluencia hai que sumar o dos visitantes que se desprazan por esta vía desde o centro de Lugo cara á costa e en dirección a Asturias. Por iso, a carretera N-634, o mellor exemplo de serpe que non para de medrar. É o mellor exemplo do pouco rendible que resulta a provincia para as administracións. maria.cuadrado@lavoz.es