Bioloxía do capudre e da chaveira

La Voz

LUGO

12 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Na actualidade, a Universidade de Santiago ten en marcha outros dous proxectos de investigación sobre a vexetación autóctona da Serra do Courel. Un deles céntrase na bioloxía do capudre, árbore coñecida noutras zonas de Galicia como cancereixo, escornabois ou sorba e denominada serbal de los cazadores en castelán. A esta especie dedicaranse dúas teses de doutoramento que están sendo realizadas polos biólogos Beatriz Pías e Miguel Salvande. Os traballos teñen por finalidade coñecer como vive esta especie en diferentes zonas da serra, principalmente nos arredores das devesas de Rogueira e de Paderne. Entre outros aspectos, os investigadores estudian a relación do capudre coa fauna local, co obxecto de determinar con exactitude cales son os animais que axudan a polinizar e a dispersar as sementes desta árbore e cales poden infectar e estropear os seus froitos. Cooperación con Doñana Por outro lado, o catedrático Javier Guitián está a desenvolver outro proxecto científico en colaboración coa Estación Biolóxica de Doñana, centrado nunha planta tóxica coñecida comunmente como eléboro, que no Courel recibe a denominación local de chaveira. A finalidade do estudio é determinar a relación desta especie cos diferentes entornos en que vive, comparando a súa situación na Serra do Courel e na serra andaluza de Cazorla.