CÓSTANOS A TODOS

La Voz

LUGO

SUSO VARELA CONTRAPUNTO

18 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A decisión do Xulgado do Social de Lugo aféctanos a todos. Non é un problema só entre a Consellería de Política Agroalimentaria e os veterinarios de saneamento, senón que coa sentencia temos que pagar os galegos as consecuencias dende o punto de vista económico. Decisións de aforro no gasto parece que obrigaron á Xunta a despedir ós veterinarios, e contratar o servicio a unha empresa privada. Agora, en vez de aforrar, temos que pagar máis. Boa xogada.