Un tempo para o municipio

La Voz

LUGO

26 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

-¿Como evolucionou vostede politicamente nos últimos dez anos? -Neste tempo, aprendín a madurar políticamente, a ter unha idea do conxunto do país, sobre todo basado en que o BNG non é unha suma de parroquias, nin de concellos, senón que é unha organización de ámbito nacional e sempre vemos as cousas coa perspectiva nacional, aínda que nalgunhas ocasións traslades esa experiencia onde che toca exercer a túa acción política. -¿Poderá dedicarlle agora máis tempo á súa laboura como concelleiro en Vilalba? -Que eu non estea no órgano de dirección nacional do BNG non quere dicir que lle vaia dedicar máis tempo ó Concello, porque eso xa o estaba facendo. Estaba primando aquelo polo que fun elexido polo conxunto da cidadanía. -¿Cales son os seus obxectivos políticos? -A corto e medio prazo lograr un Concello máis eficaz e transparente, xa que nalgúns aspectos non está sendo todo o transparente que debera e a eficacia pódese mellorar ampliamente. Colaboraremos desde a función de oposición, sen renunciar a que algún día, máis cedo que tarde, nos correspondan responsabilidades de goberno, e a diseñar un Concello para o futuro onde haberá que tocar temas tan importantes como o urbanismo, a comunicación, a educación, que son os pilares sobre os que teremos que exercer a nosa acción política en Vilalba. -¿Cales son as prioridades en Vilalba? -Creo que o urbanismo merece unha atención especial. Na nosa idea está que dalgunha maneira o Concello se poña dunha vez por todas a redactar un Plan Xeral de Ordenación, dado que está demostrado que as normas subsidiarias existentes están caducas e obsoletas, e habería que ir a ese plan xeral, que a propia lei indica que se deberá camiñar hacia él. Delimitar o tipo de vila que queremos. -¿Que perspectivas ve para o voto nacionalista en Galicia? -Estou convencido de que podemos dar en outubro o salto definitivo a asumir tarefas de goberno desde a Xunta de Galicia. O BNG ten alternativas para dar solucións os problemas.