30 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
?nhas 200 persoas participaron durante os tres últimos meses nas visitas guiadas ás igrexas románicas soberinas, unha iniciativa sen precedentes en ningún municipio do sur lucense e que este ano foi organizada polo Concello de Sober por primeira vez. As igrexas escollidas para esta primeira experiencia foron as de Lobios e Pinol. As visitas realizáronse con horarios fixos de tarde e, primeiramente leváronse a cabo os martes, mércores, xoves e venres. Posteriormente, ofreceuse tamén a posibilidade de visitar estes templos os sábados pola mañá. En vista da boa resposta obtida no primeiro ano, os responsables municipais estudian darlle continuidade a estas visitas guiadas na temporada estival do 2004.