A parroquia de Santiago de Cangas, pertencente ao municipio de Pantón, celebrará a partir do día 24 de este mes as súas festas patronais. A asociación Cabalo Branco é a encargada da súa organización e por esta razón un dos seus membros, Suso Álvarez, explica en que van consistir este ano, no que se lle dedicarán cinco días.
-¿Por que decidiron que a festa tiña que durar cinco días?
-A festa dura cinco días có obxectivo de que haxa actuacións e actividades para todas as idades. Por eso incluimos os xogos tradicionais e o Festival da Xuventude de Cangas. Haberá orquesta tres días aínda que o normal sexan dous.
-¿Non fai falla moito presuposto para tantos días?
-Non crea. Son unhas festas moi humildes e están dirixidas para a xente maior. En cambio, o festival da xuventude xa é para os rapaces e esta é a segunda edición. O ano pasado foi un éxito.
-¿De onde obteñen os cartos?
-Facemos moitas actividades ao longo do ano e a maiores contamos con axudas do Concello e da Deputación e por suposto, coas colaboracións dos comercios e veciños.
-¿Contan co mesmo presuposto do ano pasado?
-Si, máis ou menos é o mesmo.
-¿Dende cando celebran estas festas?
-As festas celébranse de forma interrompida dende hai 27 anos. Obviamente xa se celebraba dende antes, o que pasa é que houbo como oito anos no que non houbo festa.
-¿Que é iso dos xogos tradicionais?
-É o quinto ano que os organizamos e con eles intentamos recuperar xogos populares como o xogo da rá, a carreira de sacos ou o lanzamento de boina que sen dúbida é o máis exitoso.
-¿Entregan algún premio, polo menos simbólico?
-Si, os maiores reciben unha boina e os nenos bolsas de golosinas.
suso álvarez MEMBRO DE CABALO BRANCO