Os escolares do colexio do Incio debuxan o que facían os seus avós para se divertir

La Voz MONFORTE / LA VOZ

O INCIO

Acompañados dunha ilustradora, visitaron a residencia local de maiores acompañados dunha ilutradora

04 dic 2025 . Actualizado a las 13:46 h.

Estudantes do colexio Ricardo Gasset do Incio visitaron a residencia de maiores desta localidade para manter o que os organizadores desta actividade definen como unha xuntanza comunitaria. Os rapaces falaron cos maiores que viven neste centro para preguntarlles como facían de pequenos para divertirse e que era o que daquela lles deixaban facer para conseguilo.

Os escolares estaban acompañados pola ilustradora Julia Lago e Branca, do Colectivo Outonía, que despois os axudou a transformar en debuxos tipo cómic o que os maiores lles contaron.

A actividade forma parte dos obradoiros Artesa en Igualdade que promove a ANPA do colexio do Incio en colaboración co Colectivo Outonía.