Cumpre 102 anos en Monforte e celébrao comendo polbo á feira

La Voz MONFORTE / LA VOZ

MONFORTE DE LEMOS

Benigno Díaz, na súa festa de cumpreanos, xunto co novo director da residencia e a súa predecesora
Benigno Díaz, na súa festa de cumpreanos, xunto co novo director da residencia e a súa predecesora CEDIDA

Benigno Díaz Fernández incluso se animou a bailar na festa que lle organizaron na residencia na que vive

22 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O máis vello de todos os usuarios da residencia pública de maiores de Monforte de Lemos cumpriu esta semana 102 anos. Chámase Benigno Díaz Fernández e preparáronlle unha festa na que participou activamente. A casualidade quixo ademais que o seu aniversario coincidise cun relevo á fronte deste centro asistencial. A directora saínte e o seu sucesor estiveron na festa para felicitar a este veterano usuario da residencia.

Na festa, que se celebrou o día 19, houbo globos, música e tamén unha comida especial, que como principal novidade tiña o polbo á feira. É o habitual nesta residencia cando alguén quere festexar algo, pero é que ademais neste caso estaba máis que xustificado, porque este é o prato preferido de Benigno Díaz.

Natural do veciño concello de Sober, este home que acaba de facer 102 anos está en moi bo estado de saúde, tanto físico como mental. El é un dos habituais da cafetería situada xunto á residencia, situada no paseo do Malecón, pero é que, ademais, na festa do seu aniversario incluso se animou a bailar cando unha colaboradora da residencia comezou a tocar o acordeón.

Na festa estiveron presentes a que ata esta semana era a directora da residencia, Carmen Martínez Brión, e tamén a persoa que a acaba de suceder nese posto, Jesús lópez-Quiroga Núñez. O novo director é de Lugo e vén de traballar nesa cidade na administración da residencia de maiores das Gándaras, que é titularidade da Xunta igual que a do paseo monfortino do Malecón.

El grupo de mayores de 100 años es el que más crece en Galicia

Carlos Punzón

Las pirámides de población se confeccionan en tramos de edad que parten de cero años y se suceden de cinco en cinco hasta alcanzar en su cúspide el grupo final de cien años o más. El dibujo demográfico perfecto es el que tiene una base amplia y numerosa para ir disminuyendo progresivamente en los escalones siguientes, como podría ser el del año 1981. Pero hace tiempo que la pirámide de población gallega ha dejado de tener esa forma y se ha convertido en un jarrón que cada vez sube más su parte superior y pierde estabilidad en la base, donde están los grupos encargados del relevo demográfico.

Seguir leyendo