A utilización das masas en Monforte

MONFORTE DE LEMOS

O FOGONAZO | O |

13 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O PLENO do pasado luns en Monforte foi un día triste para a democracia: insultos persoais nun salón de plenos e berros constantes de aprobación ou desaprobación. Foi como a imaxe dun pleno rebentado polos radicais no conflictivo País Vasco. E ó final, os monfortinos non saben cal sería a postura do PP e de Inga no museo do tren, que era o máis importante para a cidadanía. Unha cousa é favorecer a participación cidadá e outra ben distinta é quentarlle a cabeciña ós que se deixan. Utilizar as masas é perigoso porque son incontrolables. Non hai máis que revisar a Historia.