O FOGONAZO | O |
24 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O 2003 pasará sen dúbida á pequena historia de Monforte polos grandes momentos de tensión e incertidume que se están a vivir no mundo da política local, durante tanto tempo sepultado no tedio e na monotonía. Despois das eleccións municipais, a poboación viviu varias semanas en vilo, nun estado de expectación case insufrible. Agora o centro de atención desprazouse do goberno municipal á cúpula local do Partido Popular, onde non se sabe que é o pode pasar de aquí a fin de ano: outra vez están aí -é certo que en menor medida- a tensión, a incertidume e o suspense. Por non falar da tormenta que reina no seo de Inga e que tampouco se sabe como pode acabar. Tanta tensión nun só ano vai acabar sendo mala para o corpo.