Cor azul e ar fresco á través da pintura e tamén da arquitectura

La Voz

CHANTADA

A casa de Manuel Jorge estaba na rúa Fonte Arcada
A casa de Manuel Jorge estaba na rúa Fonte Arcada ROI FERNÁNDEZ

Un bloque de vivendas levantase na casa na que viviu Manuel Jorge

25 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A casa na que viviu Manuel Jorge en Chantada era un modesto pero xeitoso inmoble de baixo e un piso superior que desapareceu nos anos entre o milenio pasado e este. No seu lugar foi construído un bloque de vivendas de catro alturas, entrechán e baixo comercial.

A vivenda deste recoñecido arquitecto e pintor nado en Chantada no ano 1929 atopábase na rúa Fonte Arcada. Nela residiu ata que marchou a Madrid en 1947 coa finalidade de estudar arquitectura.

Na súa vila de Chantada foi onde comezou a dedicarse á pintura, unha disciplina que aprendeu por si mesmo, e que, xunto coa sua profesión de arquitecto, levou ar fresco ao establecido naqueles tempos. Un ar fresco simbolizado polo seu característico uso dunha viva cor azul.

Manuel Jorge viviu noutras cidades e vilas, mais foi en na valenciana Xávea onde máis asentou e alí finou na primavera do ano 2020.

Grazas ao traballo dunha fundación creada en Chantada e que leva o seu nome, vaise crear un museo dedicado a Manuel Jorge nunha histórica casa no Cantón, en pleno casco vello.