Nesta casa de Chantada viviu... o que foi director da Real Academia Española e do Instituto Cervantes
CHANTADA
Víctor García de la Concha pasou parte da súa infancia nesta localidade porque seu pai foi secretario no xulgado local
17 ene 2026 . Actualizado a las 18:18 h.Filólogo, director da Real Academia Española entre 1998 e 2010 e do instituto Cervantes entre o 2012 y el 2017, Víctor García de la Concha naceu en 1932 na localidade asturiana de Villaviciosa, pero a súa traxectoria vital tamén está relacionada con Chantada. E máis en concreto ao número 19 do Cantón, no centro do casco vello desta vila.
Nese portal, á dereita mirando desde arriba, está o edificio máis alto desa praza. Alí viviu Víctor García de la Concha de neno xunto coa súa familia.
Ese voluminoso edificio de baixo máis tres alturas, con fermosas galerías cara ao Cantón e un lateral na ruela que comunica con 2 de Maio, é no que estaba a casa dos pais do que foi o director número 28 da Real Academia Española. Víctor García de la Concha pasou unha parte da súa nenez en Chantada porque seu pai, que era secretario xudicial, desempeñou durante uns anos a súa función no xulgado local.
O propio Víctor de la Concha ten falado publicamente das súas lembranzas nesta vila e das visitas que facía ao escritor e crego Avelino Gómez Ledo, que vivía no número 17 da rúa 2 de Maio, moi próxima á súa, e que era posuidor dunha nutrida biblioteca na que se entretiña aquel pequeno asturiano.