«O problema para competir é conseguir os patrocinios»

CHANTADA

09 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O chantadino Víctor López Gómez, de 25 anos, é piloto da categoría grupo N, na que compiten vehículos de serie con modificacións homologadas. Comezou a competir cando cumpríu os dezaoito anos.

-¿Non empezou a correr antes polo carné de conducir?

-Pois sí, e o carné fai falta tamén para competir. A miña primeira carreira foi na subida a Saleta no Carballiño. Ese día estaba como un flan ao entrar no coche, un Clio Williams.

-Pero agora anda con outro.

-Sí, é un Mitsubishi Evo VIII con máis de 300 cabalos co que me fixen este ano campión galego de montaña. Pero xa tiven máis coches: un Megane, un AX, un Ibiza....

-¿O seu circuíto preferido?

-Sen dúbida, Chantada. Correr na casa é o mellor. Xa participei sete veces e no 2004 fixen o meu mellor tempo, 2.09 minutos, cun Fórmula Renault.

-¿A Subida a Chantada está creando canteira?

-Claro, pero sería unha cousa boa que puntuase como antes para o Campionato de España. Para iso deberíanse involucrar as federacións galega e española e tamén habería que solucionar o tema dos presupostos.

-Que caro debe resultar todo isto...

-O xogo de rodas do Mitsubishi que teño agora custa 1.300 euros. É moito diñeiro, e os neumáticos veñen aguantando tres carreiras. E despois está a inscrición, que son outros trescentos euros, aos que lle temos que sumar os desprazamentos, a loxística, a estadía... E o problema para isto son os patrocinios, que é algo moi complicado de conseguir neste deporte, xa que os medios tiran máis polo fútbol.

-¿Como ve a cuestión da seguridade vial?

-Dentro da competición hai seguridade, a excepción de certas incoherencias dalgunha xente que se sitúa nos foxos das estradas, en sitios perigosos. Os pilotos imos moi seguros e non é culpa nosa se alguén se coloca onde non debe, que é algo que si que pasa ás veces. Fóra da competición hai que ser responsables e as carreiras hai que facelas nos circuítos e non na estrada. Pero, como dixen, é un problema de incoherencia da xente que o fai.