FOGONAZO | O |

05 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

CÓMPRE UNHA BOA dose de cara dura para levantar unha bodega tan cotrosa como a que estes días protagoniza o enésimo episodio de feísmo urbanístico en Chantada. ¿Que lle pasa ó seu promotor? ¿É un problema de simple mal gusto? ¿Non sabe que está feo cultivar o kitch con tanta ansia no medio das fervenzas do Asma? Só o salva que non pedise permiso. Aí si se lle notou sensatez.