FOGONAZO | O |
29 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.EXTRAVAGANTE, rariño e un pouco incomprendido. Iso é un freak. Estar sentada nun antigo camiño real esperando a que chegue unha barca, bogar ata o Saviñao en plan turisteo e rematar falando das mensaxes subliminais de certas camisetas nunha adega, tamén pode considerarse extravagante. Son os pequenos praceres dun traballo normalmente pouco agradecido. Tres meses curioseando sobre os chantadinos e a súa vida foi unha experiencia didáctica, amable e bastante divertida. Agora debería de facer un balance algo poético pero só se me ocurre dar as gracias a quen me axudou e felicitacións ó resto. A extravagancia é un don bastante escaso. ¡Vivan os freakes! Saúde, Chantada.