17 sep 2015 . Actualizado a las 14:11 h.
A Pobra do Brollón puxo en marcha esta semana unha nova edición do programa Conciénciate, unha serie de actividades de tempo libre para diferentes grupos de poboación. En concreto, hai actividades para nenos, adultos, e terceira idade. A maioría celebraranse nos locais sociais das diferentes parroquias do municipio. No Concello explican que este «programa de benestar social axuda a atender as necesidades dos veciños e a fomentar a convivencia entre eles».