A que veu a conselleira a Monforte?


Este luns visitou Monforte a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle. Este grupo municipal foi convidado a esta visita, e lamentamos non ter podido acudir por motivos laborais.

En calquera caso, non estamos acostumados a que a Xunta nos faga partícipe das súas visitas, pero agardamos que de aquí en diante o sigan a facer e non se tratara este dun protocolo preelectoral.

Manifestado o noso agradecemento e as nosas desculpas pola ausencia, consideramos preciso pasar ao realmente importante: en primeiro lugar, preguntámonos a que se debeu esta visita.

Segundo as palabras da propia conselleira, veu asinar un convenio co Museo do Ferrocarril (por valor de 30.000 euros) e a ver in situ as dúas rotondas que construíu a Xunta na circunvalación por riba do Hospital Comarcal.

Pode resultar ata traxicómico, pois a nosa vila foi coñecida historicamente polo seu ferrocarril, e agora recibe investimentos da Xunta unicamente para o Museo. Será iso o que somos para a Xunta? Historia?

A segunda pregunta que nos facemos ao fío desta recente visita institucional é se a Xunta de Galicia nos toma por parvos aos monfortinos, pois os orzamentos autonómicos están recentemente feitos, á nosa vila non lle adxudican máis ca migallas e veñen aquí supoñemos que a cubrir o expediente.

Consideramos moi lóxico que fose esta conselleira, Ethel Vázquez, á que lle encomendaran o marrón de pasar por Monforte, pois ben seguro que o tamén conselleiro Francisco Conde non quixo vir á súa vila con esas calderillas.

Pedimos aos cidadáns de Monforte que abran os ollos, que esperten, e que loiten por esta vila, ou no caso contrario acabaremos caendo como as casas que foron lamentablemente noticia esta semana, e cada vez o son con máis frecuencia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
12 votos
Comentarios

A que veu a conselleira a Monforte?