Monforte adianta a homenaxe

LEMOS

Actuación musical que puxo fin á ruta de onte, xunto á estatua de Manuel María en Monforte.
Actuación musical que puxo fin á ruta de onte, xunto á estatua de Manuel María en Monforte. roi fernández< / span>

Unha ruta recorda a Manuel María na cidade na que viviu corenta anos

09 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Faltan dous meses para que empece o Ano Manuel María, pero en Monforte xa empezaron os actos dedicados a recordar a súa obra. Na localidade na que o autor de Muiñeiro de Soños viviu e traballou corenta anos celebrouse onte unha ruta guiada que fixo un repaso pola vida e o legado literario do autor de Muiñeiro de Brétemas. O acto rematou cunha ofrenda floral na estatua instalada na súa honra no 2006 no centro da cidade.

A ruta de onte, organizada polas asociacións Colado do Vento e Lemos Le, prolongouse durante todo o día. O historiador Xosé Rodríguez foi guiando aos participantes desde primeira hora da mañá e ata media tarde por lugares de Monforte que axudan a entender a pegada literaria, social e política que deixou Manuel María nesta cidade. Polo camiño, houbo actuacións musicais co grupo O Trícole e lecturas de poemas.

A de Colado do Vento e Lemos Le é a primeira convocatoria pública que se celebra en Monforte na antesala do ano do Día das Letras dedicado a Manuel María. Recentemente, o Concello de Monforte aprobou unha resolución que ofrece Monforte como sede dos actos centrais da festa das letras do 2016, pola súa relación coa vida e obra deste autor nacido da Terra Chá.